Historia contada
polo Rucho, bucio de secano, na que refírense os verdadeiros motivos
do interese de Abanca na protección do mural.
Escoiten os meus
señores
miñas donas
coruñesas
esta verídica
historia
de interesados
mecenas
*
Era Fuencisla
Marchesi
unha rica
propietaria
con Javier
Etcheverría
ela casou ben
casada.
Tiña nun local do
centro
unha obra
excepcional
pintada por don
Urbano
chamado o pintor do
mar.
*
Alá polo 2010
uns calquera, catro
gatos
advertiron o perigo
ao mural hai que
salvalo!
E falaron co marido
desa rica
propietaria
«Eu non quero
protexelo,
quero levalo pra
casa!»
*
O concello máis a
Xunta
tampouco colaboraron
as súas verbas
bonitas
de intención xamais
pasaron.
E chegou o 2013
os catro gatos xa
fartos
a declaración de
BIC
pediron por
triplicado.
*
Co silencio negativo
a Xunta intentou
cansalos
pero amáis de
teimudos
O mural tiña
avogado.
E demandaron á
Xunta
que continuou
negando.
Para evitar a
condena
este decreto
ditaron.
*
O fresco xa era BIC
nace a obriga de
coidalo
e se a obra se perde
pagará o
propietario.
Manda facer un
examen
para avaliar o
estado
«Señora, esto é
urxente
hai que restaurar o
cadro»
Pouca graza tiña
isto
para a rica
propietaria
que xa se vía en
Teixeiro
se o mural se
escarallaba.
A obra era moi cara
e comezou a amolala
pero se tes man nun
banco
xa haberá quen por
ti faga.
Abanca sae ao
auxilio
do capital, como
sempre,
«Se vendo ben o do
fresco
tapo o das
preferentes.»
*
Escoiten os meus
señores
miñas donas
coruñesas
esta historia
verdadeira
de interesados
mecenas
e cando lean as
novas
nuncan deixen de
pensar
porque restauran so
este
e non os outros
murais.
Máis en:
- Alfredo Ferreiro armou este video sobre o VII día Lugrís no seu O levantador de minas.
- José Calvo publicou este video da interpretación no seu feisbuc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario