Xanrei, por Roberto Castro da Librería Sisargas
(Debuxo inspirado no tango de José Biobardi)
Eu
varado no Xanrei
agardo
por miña amada,
baixo
a luz do albor,
nesta
rocha fronteiriza
entre
o meu mundo e o seuna que vivimos os dous
unha
hora cada día,
unha
pinga no eterno,
antes
de saír o sol.
Na
que bailamos ben xuntos
e
nos amamos a modo
antes
de saír o sol.
Retrouso:
Sube coa lúa
a melancolía
preamar ás oito
-anunciaba o diario.
A mais afouta onda
móllame o corazón
móllame o corazón
que se torna pesao.
Ninguén
aprobou o noso,
advertironnos
ben cedo
que
cerca estaba o final:
“Nunca
un home mariño
e
unha mariscadora
xuntos
poderán vogar!”
Pero
todos estes meses
de
soñar e bailar xuntos
foron
quen de me enganar
crin
que dúas vontades
lonxe
de todo prexuizo
poden
vaciar o mar.
(Retrouso)
Onte
non veu á cita
e
a ausencia sen aviso
confirmoume
o peor
que
o seu bico doutro día,
un
trebón nas nosas bocas,
anunciábame
o adiós,
o
naufraxio das linguas,
o
pique da miña vida,
a
quebra do corazón,
o
afundimento de todo
o
garete das palabras
a
deriva do aló.
(Retrouso)
Na entrada sobre o III día Urbano Lugrís xa expliquei algo mais sobre este tango de José Biobardi.
Días despois Nacho López, de Jarbanzo negro e mil proxectos máis, envioume unha versión que segúndo él é unha grabación
sinxelinha para ter a idea, hai cousas que se poden millorar e outras
que se poden cambiar.
Poden escoitala pulsando no título:
(Arranxos musicais e interpretación Nacho López)
Ningún comentario:
Publicar un comentario