mércores, outubro 24, 2012

Ministerio de Justicia, hoy

 - Y esta señora invisible es mi mujer.
                                                                      -Encantao.



Fuente de la imagen.

xoves, outubro 11, 2012

Presentación en Santiago de Compostela da Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda






O pasado sábado tres membros da Plataforma de Auditoría Cidadá da Débeda (de Barcelona) presentaron en Santiago de Compostela a súa iniciativa a diferentes colectivos galegos invitados por Amarante Setem.

Contextualización do problema 

Na primeira parte da súa charla  explicáronnos como o sistema transformou a “crise financeira” en “crise de débeda” pasando pola “crise económica”. Pese ao que escoitamos todos os días a débeda pública non é a causa da crise senon a súa consecuencia. Antes da crise a débeda pública do Reino de España era do 36% do PIB (unha das mais baixas de Europa) Na actualidade é de máis do 70% do PIB.


Só o 19% da débeda española é débeda pública o resto é débeda de particulares (20%), das empresas non financeiras (31%) e das entidades bancarias e de crédito (30%)

Fonte da imaxe  (e máis datos sobre a débeda)




-->
A débeda de España é menor que a de outros paises europeos e ata hace catro anos España cumpría coas condicións que a propia Unión Europea estableceu para entrar na unión monetaria (as de déficit do Tratado de Maastricht, entre outras) O problema está nos acreedores. A quen deben o estado, as cidadás e as empresas españolas?

A través dun interesante gráfico amosáronnos como a débeda do Reino de España é un problema para o resto dos estados europeos porque os principais acreedores son as etidades financeiras europeas (fundamentalmente francesas e alemanas) Polo que as economías de Alemania e Franza dependen en gran medida de que o Reino de España (e o resto dos PIIGS) pague a súa débeda.

Un dos problemas no que están a facer fincapé os dirixentes é o do deficit e as súas causas principais:

A diminución dos ingresos do sector público iniciouse antes do 2008 por medio da privatización das empresas públicas, as reformas fiscais progresivas e a permisividade fiscal cos poderosos.

Pola banda do aumento do gasto entre os anos 2008 e 2013 nótase una constante diminución dos gastos sociais, os cartos destínanse a pagar os xuros da débeda. 


Neste escenario os dirixentes dinnos que a procura de finanzamento (a petición de créditos) semella ser o único xeito de conseguri cartos nun contexto non productivo.

Os actores:

A troika (FMI, BCE e Comisión europea) que son os que establecen as condicións dos créditos e rescates aos estados. Exemplo.- O BCE presta cartos á Banca ao 0,75 %
Banca privada e entidades financeiras
Axencias de rating, entidades privadas (e, polo tanto, interesadas) que valoran a liquidez e solvencia dos estados.
Gobernos, convidados que parecen de pedraneste escenario.
Cidadanía (que temos que padecer como o noso papel limítase a lexitimar -a traves do voto aos gobernos- e a financiar todo o montaxe cos nosos impostos e sufrindo os recortes)

Estase a crear un novo actor, o MEDE (Mecanismo Europeo de Estabilidade) que é un organismo integrado pro 20 persoas que gozan de inmunidade e serán os encargados de establecer as condicións nas que os paises que reciban créditos terán que voltarlos. 

O concepto de débeda ilexítima

A débeda non é unha cuestión simplemente económica é a unha cuestión -e un arma- política. Reformouse a Constitución Española para facer co pago da débeda sexa unha cuestión prioritaria a calquera outro gasto público.

Ata agora a débeda era unha ferramenta de opresión aos estados -e especialmente as súas poboacións- do Sur. E foi nos paises do Sur donde creouse o concepto de “débeda ilexítima”. Considerase débeda ilexítima aquela que é “racionalmente inxusta” E neste senso considerase ilexítima calquera débeda que:
      • atente conta o desenvolvemento da vida digna
      • impoña medidas que violen os dereitos humanos ou poñan en perigo a convivencia pacífica entre os pobos
      • sexa produto da corrupción ou a mala xestión dos gobernos

A definición da débeda ilexítima é necesaria para poderlle dar un trato distinto, o obxectivo é non pagar débeda antes de ter satisfeito o benestar da cidadanía e non asumir as débedas ilexítimas nunca.

Unha gran parte da débeda do Reino de España é para o chamado “rescate bancario” (170.000.000.000 €, aprox.)

O sistema débeda no que estamos inmersos ten como finalidade transformar a débeda privada (a de empresas e bancos) en débeda pública. A estratexia consiste en saír da crise
con máis capitalismo.

As institucións -cuxos orxzamentos nutren os Estados- prestan cartos aos bancos que llo prestan aos estados -a aos particulares- cun xuro moito máis alto.

Algunos dos países do Sur (Exipto ou Túnez) ven de crear auditorías sobre a débeda asumida polos anteriores ditadores. Antes o presidente Correa en Ecuador e tras auditar as contas do seu estado e coñecer a orixe da débeda negociou cos acreedores unha rebaixa do 70%.




Máis información:


Na rede:

(Tamén en N-1; facebook e twitter)


Bibliografía:




Estas recomendacións son nosas:

La doctrina del schok, de Naomi Klein


Nos catro últimos pódense coñecer os efectos da débeda nos estados do Sur.

Documentais:


Estas recomendación son nosas:

En fin: NON DEBEMOS, NON PAGAMOS! 

(Non vos esquezades da concentración barullenta do sábado)